Volver

Foto: Noel Feans · Wikimedia Commons · CC BY 2.0 · Ría de Arousa ao solpor

Turismo Literario

Ruta Literaria
pola Illa de Arousa

Un percorrido polos escenarios reais que articulan a novela. Non é só un paseo xeográfico: é un percorrido de memoria histórica pola illa que proclamou unha república en 1934.

≈ 15 km

Distancia total

5–6 horas

A pé

2–3 horas

En bicicleta

16 puntos

Paradas

Recomendacións prácticas

Mareas e Clima

Consulta a táboa de mareas antes de saír. Punta Riasón e Os Bufos requiren marea baixa para apreciar as cistas prehistóricas. O traballo das mariscadoras nos Testos é visible co baleiro da marea.

Calzado

Calzado cómodo para camiñar sobre terra, herba, pasarelas de madeira e pavimentos de pedra tradicional. Para o Carreirón, leva auga e protección solar.

Dous bucles posibles

Bucle Sur: Carreirón, Outeiro, Cantiño, O Cruceiro, O Nicho. Bucle Norte: O Xufre, Os Testos, Niño do Corvo, Area da Secada, Punta Cabalo, Punta Riasón.

Respecto e memoria

A Illa conta con lugares de memoria histórica moi sensibles. Máximo respecto polos espazos naturais, polo traballo diario dos mariñeiros e mariscadoras e polo silencio dos camposantos.

As paradas da ruta

Preme en cada parada para ver o que acontece na novela e o que podes ver hoxe.

"A memoria non é unha foto bonita en sepia nin un texto institusional.
A memoria é un peso enorme que se leva nas costas todos os días da vida."

— María da O, capítulo 19

Ler o Adianto