
7 de outubro de 1934
Sete homes. Unha illa. Noventa anos de silencio.
"O papel sobreviviu. Os homes non."
Roberto Carlos Valverde Sabín
A historia que ninguén contou durante 90 anos.
Agora, en 1 minuto.
7
Homes
90
Anos de silencio
1
Papel
O Libro
Parte 1
A proclamación na taberna
O 7 de outubro de 1934, sete homes sentáronse arredor dunha mesa no Bar O Nicho, na Illa de Arousa. Entre o cheiro a fume de pino, licor de herbas e salitre, escribiron os seus nomes nun papel de estraza pardo e proclamaron a República Federal da Illa.
Dous anos despois, o golpe militar chegou á illa nunha motora. Os homes daquel papel foron buscados un por un. Algúns apareceron flotando na ría. Outros nunca apareceron.
"Queda proclamada dende este presiso momento a República Federal da Illa de Arousa."

A proclamación na taberna
Cronoloxía da memoria
7 out. 1934
Sete homes asinan a República Federal da Illa na taberna O Nicho, nun papel de estraza
1936
O golpe militar chega á illa; os homes daquel papel son perseguidos un por un
2024
Noventa anos despois, o papel que non ardeu segue agardando ser lido